mércores, 22 de abril de 2015
Os monstruos.
mércores, 8 de abril de 2015
PREGUNTAMONOS COUSAS
Con esta actividade perseguíamos saber os intereses que teñen os nosos alumnos e alumnas como punto de partida para posteriormente diseñar as nosas actividades. Se partimos do seus puntos de interese a súa motivación sen dúbida será maior e contribuiremos a un aprendizaxe constructivista.
COMO SE CREA UN COMPADRE OU COMADRE
A idea de facer este titorial xurde pola demanda das familias á hora de fabricar comadres e compadres. Esta actividade faise no noso centro nos cursos de infantil como parte da celebración do Entroido.
O video titorial realizouse coa App Explain everything, e para facelo houbo que realizar un guión cos pasos, para estructurar o número de diapositivas. Tamén planificar as fotos e axustar a explicación oral.
Esperamos que sexa de utilidade para a confección de futuras comadres.
OS MESES DO ANO
Os meses e estacións do ano.
Tarefa feita con Explain everything por un Neno con nee, discapacidade intelectual. A actividade xurdíu na aula para traballar os meses e estacións do ano, sen ser programadas previamente, polo que as imaxes foron fotografiadas na aula co material do que dispuxemos nese momento . É a segunda vez que utilizamos dito programa polo que a realización do titorial foi máis rápida e fluída.
Existe un erro na colocación de outubro e novembro, pero dos erros tamén se aprende!
o conto da c e da z
O resultado foi positivo, pois o neno estivo involucrado na realización do videotitorial durante toda a sesión, e as súas palabras textuales foron: "Profe estoume emocionando".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)