domingo, 14 de xuño de 2015

O pito Cairo

Os nenos e nenas de E. Infantil  de 5 anos para a súa graduación, gravaron o conto "O pito Cairo". Fixérono co programa Explain everything.
O seu esforzo e a súa ilusión deu este resultado. Esperamos que vos guste.


martes, 2 de xuño de 2015

mércores, 22 de abril de 2015

Os monstruos.

 
 
Vídeo creado por un grupo de alumnos/as de 5 anos utilizando o Toontastic, durante 3 sesións de 50 minutos. Os alumnos crearon diálogos, elixiron personaxes e escenarios. Resultou unha tarefa interesante e moi positiva. A segunda sairá mellor!

mércores, 8 de abril de 2015

PREGUNTAMONOS COUSAS




Con esta actividade perseguíamos saber os intereses que teñen os nosos alumnos e alumnas como punto de partida para posteriormente diseñar as nosas actividades. Se partimos do seus puntos de interese a súa motivación sen dúbida será maior e contribuiremos a un aprendizaxe constructivista.


A experiencia convertiuse en algo moi interesante xa que os nenos plantexaronnos preguntas que non podíamos imaxinar que se podían chegar a plantexar. Nos vídeos podedes ver algunhas delas.

COMO SE CREA UN COMPADRE OU COMADRE




A idea de facer este titorial xurde pola demanda das familias á hora de fabricar comadres e compadres. Esta actividade faise no noso centro nos cursos de infantil como parte da celebración do Entroido.
O video titorial realizouse coa App Explain everything, e para facelo houbo que realizar un guión cos pasos, para estructurar o número de diapositivas. Tamén planificar as fotos e axustar a explicación oral.
Esperamos que sexa de utilidade para a confección de futuras comadres.

OS MESES DO ANO




Os meses e estacións do ano.


Tarefa feita con Explain everything por un Neno con nee, discapacidade intelectual. A actividade xurdíu na aula para traballar os meses e estacións do ano, sen ser programadas previamente, polo que as imaxes foron fotografiadas na aula co material do que dispuxemos nese momento . É a segunda vez que utilizamos dito programa polo que a realización do titorial foi máis rápida e fluída.  
Existe un erro na colocación de outubro e novembro, pero dos erros tamén se aprende!

o conto da c e da z

Esta tarefa  está realizada por un neno con Discapacidade intelectual, debido a dificultade na diferenciación e utilización destas dúas letras. Realizouse coa tablet utilizando a aplicación  "Explain Everything" e o IMovie para eliminar tempos vacíos de contido; xa que a primeira vez que realizamos unha actividade semellante.
O resultado foi positivo, pois o neno estivo involucrado na realización do videotitorial durante toda a sesión, e as súas palabras textuales foron: "Profe estoume emocionando".

xoves, 5 de febreiro de 2015

FALAR SEN FALAR




Neste vídeo  achegamos a lingua de signos á comunidade educativa e tratamos de conciencialos no respeto ás distintas discapacidades; facendo ver deste xeito que ainda que non podamos falar si que nos podemos comunicar.